Lexislación xeral básica do emprendedor
Posiblemente, no momento de emprender o teu proxecto empresarial, xa contes con asesoramento dabondo para orientarte nun aspecto que pode resultarche tan arrevesado como é o campo legal; non obstante, aquí presentámosche a lexislación básica que regula a figura do emprendedor e a do autónomo.
Conceptos como incentivos e beneficios fiscais, modalidades de empresas e características do traballador autónomo non deben resultarche alleos.
-
Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal
Como emprendedor, vas manexar datos persoais de traballadores, clientes e provedores cos que se ten unhas obrigas de información, de comunicación e protección dos datos fronte ao titular e a Axencia de Protección de Datos.
-
Orde ESS/214/2018, regula o sistema de remisión electrónica de datos no ámbito da Seguridade Social
Autónomos e sistema RED.
-
Lei 6/2017 de reformas urxentes do traballo autónomo
Traballadores autónomos.
-
Lei 31/2015, modifica e actualiza a normativa en materia de autoemprego e se adoptan medidas de fomento e promoción do traballo autónomo e da Economía Social
Traballadores autónomos.
-
Lei 25/2015, de mecanismo de segunda oportunidade, redución da carga financeira e outras medidas de orde social.
Incentivos a debedores de boa fe, exoneración de débedas, exención taxas xudiciais.
-
Lei 14/2013, de apoio os emprendedores e a súa internacionalización
Presenta a forma xurídica da empresa, as súas vantaxes e desvantaxes, os incentivos fiscais e os límites establecidos nesta norma. Fraternidad-Muprespa preséntache un resumo realizado polos nosos expertos legais cos aspectos máis salientables da citada lei.
-
RDL 1/2010, texto refundido da Lei de sociedades de capital
Sociedades de capital.
-
Lei 56/2007 de Medidas de Impulso da Sociedade da Información
Impulsa o emprego da factura electrónica e promove o uso de medios electrónicos en todos os procesos de contratación, así como a accesibilidade a Internet para as persoas con discapacidade e de idade avanzada.
-
Lei 20/2007 estatuto do traballo autónomo
Os puntos máis importantes da lei son os seguintes:
. Motivos para unha nova regulación.
. Suxeitos incluídos e excluídos.
. Fontes reguladoras do réxime de autónomos.
. Dereitos e deberes do traballador autónomo.
. O traballador autónomo economicamente dependente – O contrato do TRADE (*).
. Protección social do traballador autónomo e a prestación por desemprego. -
Lei 34/2002 de Servizos da sociedade da información e de comercio electrónico
Texto consolidado. Regulación de comunicacións comerciais e contratacións por vía electrónica e as obrigas e réxime de responsabilidade dos prestadores de servizos da sociedade da información, entre outros asuntos.
-
Lei 17/2001, de marcas
A Marca é o dereito exclusivo para a utilización dunha palabra, frase, imaxe ou símbolo para identificar un produto ou un servizo. A solicitude e tramitación dos rexistros de marca en España realízanse ante a Oficina Española de Patentes e Marcas. Á hora de solicitar unha marca ou un nome comercial, é imprescindible especificar o tipo de produto ou de servizo que se desexa distinguir con esa marca.
-
RDL lexislativo 1/1996, propiedade intelectual
Actualizado por R.D. lei 12/2017.